Así foi a Clase Maxistral de Joan Grau sobre Late Night
Joan Grau é un dos guionistas que mellor coñece como funcionan os programas de Andreu Buenafuente. E non se cortou en compartir con nós os seus coñecementos –mesmo os máis inconfesables- durante a clase maxistral sobre Late Night que impartiu en Santiago a finais de maio.
Escoitando a Joan Grau volveunos quedar claro que facer humor é unha cousa moi seria, e que o ritmo de traballo e a esixencia dun late night poden chegar a comprometer a saúde física e mental dun guionista.