Así foi a Clase Maxistral de Diego San José sobre Comedia Romántica
O co-guionista da película Ocho apellidos vascos, Diego San José, visitounos no mes de setembro para dar unha clase maxistral sobre Como escribir unha comedia romántica (e que o produtor non che faga a cobra). Diego tampouco nos fixo a cobra á hora de falar do que significa ser guionista, dos atrancos do proceso creativo, e de como escribir comedia che saca o pequeno cabrón que todos levamos dentro.