Obradoiro de Guión de Sitcom con Natxo López

A sitcom é un xénero pouco transitado na industria televisiva española, alomenos tal e como se entenden en Estados Unidos, onde sitcoms como “The Big Bang Theory”, “Two and A Half Men” ou “How I Met Your Mother” acumulan millóns de entusiastas seareiros. Series como “7 vidas”, “Aida” ou comedias que beben delas como “La que se avecina” ou “Con el culo al aire” triunfaron e triunfan nas grellas televisivas desde hai anos, aínda que adaptando ese formato americano ás nosas necesidades de produción, duración e ideosincrasia.
Queremos analisar e profundizar na creación deste peculiar formato de comedia da man dun profesional de recoñecida traxectoria neste eido como é Natxo López (“7 vidas”, “Con el culo al aire”, “La familia Mata”), por iso mesmo decidimos non facer só un seminario e adicarlle todo un obradoiro á escrita de guion de sitcoms, unha actividade formativa de primeira liña onde primará o compoñente práctico, de xeito que os alumnos sairán non soamente sabendo como se escribe unha sitcom, senón escribíndoa eles mesmos.
PROGRAMA
O obradoiro está destinado a guionistas amateurs ou profesionais que desexen profundizar no proceso de creación e escrita de comedias televisivas, especialmente no terreo da ficción. Abordaranse diferentes opcións á hora de conformar un formato de comedia, así como distintas maneiras de xerar ideas, de organizar os sistemas de traballo e de enfrentarse ao proceso creativo de escrita. Abordaranse as últimas tendencias tanto a nivel internacional como nacional.
As sesiones terán un forte componente práctico estruturado a partir de conocimientos teóricos xerais. Os exercicios prantexarán un percorrido polos distintos procesos polos que debe transitar un guionista de sitcom.
SESIÓN 1
– As creación de Comedias Televisivas.
– Diferentes opcións de formato. Tendencias actuais.
– O punto de partida dunha serie. Decisións fundamentais. O ton.
– A creación de personaxes. A premisa cómica.
– Exercicios prácticos individuais ou en grupos de traballo. Procura de propostas, choivas de ideas, venda da idea, creación de personaxes cómicos.
SESIÓN 2
– A construción a partir de idea orixinal.
– Estruturas narrativas principais.
– Relacións entre personaxes. Arcos dramáticos en comedia.
– O conflicto como motor. A situación cómica.
– Exercicios prácticos. Distribución do traballo. Titulares de tramas. Creación de mapas de tramas e escaletas.
SESIÓN 3
– A escrita. Fundamentos principais de formato.
– A estrutura da escea. Maneiras de dar información.
– O diálogo.
– A comedia e as súas múltiples vertentes.
– Exercicios prácticos. Escrita de esceas individuais e/ou colectivas. A comedia colaborativa. A rescrita como proceso de procura. Aplicación de condicionantes de produción e gravación.
– Consideracións finais sobre a industria española na actualidade. Rogos y preguntas.
Desenvolveu a súa actividade profesional en series televisivas como 7 Vidas, La Familia Mata, Gran Reserva, Corto y Cambio, Periodistas, Ciega a Citas, Hispania, la Leyenda ou Con el Culo al Aire. Colaborou en diversos proxectos de cine e TV con Paramount Comedy, Notro films, Bambú Producciones, Boca Boca, El Jueves TV, Globomedia, Continental Producciones, Big Bang Media, Kukuxumuxu, Zoopa Entertainment, Canal Fox, Doble Filo, La Competencia ou El Terrat.
Autor do “Manual del Guionista de Comedias Televisivas (T&B), colaborador do libro “El guión para series de TV” (Instituto RTVE), autor do blog de Fotogramas “El Guionista Hastiado”, membro da xunta directiva do Sindicato de Guionistas ALMA e do colectivo Bloguionistas. Xurado dos Internacional Emmy Awards 2012 e 2013, así como do Festival de Cine de Pamplona e analista de guións do certame “La Gran Ilusión” de Telecinco.
Impartiu obradoiros sobre Escrita de Guións na Escuela de Cine y Televisión de San Antonio de los Baños (Cuba), nas Universidades Carlos III (Madrid), Pontificia de Salamanca, Camilo José Cela (Madrid) e Universidade de Navarra, así como no Instituto del Cine de Madrid, o Festival de Cine de Gijón, e para os Sindicatos de Guionistas ALMA, Euskal Gidoigileak e AGAG en coordinación coa Fundación SGAE.