AGADIC abre a convocatoria das primeiras Axudas directas á escrita de guión
Dende AGAG estamos moi contentas de anunciar que, despois de moito traballo, AGADIC vén de publicar a Subvención para a escrita de guións con fondos do ICAA. Unha noticia moi importante para o noso sector, xa que ademáis de darlle visibilidade á nosa profesión, recalca algo que defendemos dende a asociación, a necesidade do apoio público á hora de desenvolver a nosa actividade en mellores condicións.
As axudas están dotadas de 270.000 euros divididos en dúas categorías: 1) 10 axudas de 7000€ e 2) 20 axudas de 10000€.
As persoas beneficiarias en cada categoría son as seguintes:
1️⃣ Persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia. E que non figuren como directores/as ou guionistas de series nin asinen a autoría de máis de dúas longametraxes cualificadas na base de datos do ICAA.
2️⃣ Persoas físicas (autónomas) de alta no epígrafe do IAE 864 no momento de presentar a solicitude, desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia e acrediten ter participado como guionistas, cando menos, nunha longametraxe de ficción ou animación ou dunha serie de televisión.
O prazo de presentación comprende dende o 29 de decembro de 2023 ao 29 de xaneiro de 2024.
Temos que dar as grazas ao ICAA pola iniciativa, e a FAGA pola súa imprescindible labor durante todo o proceso. Conseguímolo!
Máis info en sede.xunta.gal