INTRODUCIÓN.-
As disposicións contidas no presnte documento regulan o uso de servizo do sitio http://www.guionistas.gal/ (a partir de agora “o Sitio“), así como dos seus contidos, que a Asociación Sindical Galega de Guionistas (a partir de agora “AGAG“; non confundir co xenro de Aznar, por favor) pon a disposición dos usuarios da internet (a partir de agora “Internet”).
DATOS IDENTIFICATIVOS.-
En cumprimento co deber de información recollido en artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, infórmase os usuarios do presente Sitio que a titularidade do mesmo é a Asociación Sindical Galega de Guionistas – AGAG (a ver, isto xa o explicamos un pouco máis arriba, pero bo…), asociación sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, con domicilio en Rúa Salvadas nº 2 (Santiago de Compostela – 15705, … e non, non imos facer a rima).
A maiores ten un CIF chulísimo: o G15591993.
E o usuario que o desexe pódese por en contacto con nós no teléfono 620563617 (có +34 diante se chama dende fora de España, aínda que xa lle dicimos que sae por unha pasta) ou no mail info@guionistas.gal
USUARIOS.-
O acceso e/ou uso deste portal de AGAG – o cal é gratuíto salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións pertinente (así que é mellor aproveitar lugares con wifi. De nada) – atribúe a condición de USUARIO, que acepta de maneira libre e baixo a súa exclusiva responsabilidade, desde o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.
USO DO PORTAL.-
http://www.guionistas.gal/ proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) na internet pertencentes a AGAG ou aos seus licenciantes aos que o USUARIO poida ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal (coidado coa xente que usa o truco de “carteiro comercial”). Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No devandito rexistro o USUARIO será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO pódeselle proporcionar un contrasinal da que será responsable, comprometéndose a facer un uso diligente e confidencial da mesma (así que nada de apuntala nun post-it e deixala por ahi). O USUARIO comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (por exemplo servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias) que AGAG puidese ofrecer a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico – ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de AGAG, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos (repetimos: “informáticos”. Por tanto, non hai problema para acceder ao Sitio con gripe) ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes (por exemplo, enchéndoos de emoticonos da flamenca, que é de moi mal gusto); (v) dicir que “Lost Highway” de David Lynch non hai cristo que a aguante; etcétera…
AGAG resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, porrnográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, AGAG non será responsable das opinións vertidas polos usuarios (na Asociación estamos totalmente en contra das verteduras tóxicas) a través dos foros, chats ou outras ferramentas de participación que se puidesen crear.
POLÍTICA DE COOKIES.-
Política de cookies
A presente política de cookies ten por finalidade informarlle de maneira clara e precisa sobre as cookies que se utilizan na páxina web AGAG, aínda que nós somos mais da bica de Trives.
Que son as cookies?
Ademais de “galleta” en inglés, unha cookie é un pequeno fragmento de texto que os sitios web que visita envían ao navegador e que permite que o sitio web lembre información sobre a súa visita, como o seu idioma preferido e outras opcións, co fin de facilitar a súa próxima visita e facer que o sitio lle resulte máis útil. As cookies desempeñan un papel moi importante e contribúen a ter unha mellor experiencia de navegación para o usuario. Din que serven tamén para mellorar o medio ambiente, pero iso xa non nolo cremos.
Tipos de cookies
Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envían as cookies e trátense os datos que se obteñan, pódense distinguir dous tipos: cookies propias e cookies de terceiros.
Existe tamén unha segunda clasificación segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes.
Por último, existe outra clasificación con cinco tipos de cookies segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análise, cookies publicitarias e cookies de publicidade comportamental.
Para máis información a este respecto pode consultar a Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.
Lembrar simplemente que tamén as hai de chocolate e de coco, pero iso non ten nada que ver con este asunto.
Aceptación da política de cookies
Pulsando o botón ACEPTO asúmese que vostede acepta o uso de cookies. O que é o significado de “entender” de toda a vida, non?
Como modificar a configuración das cookies
Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies da web de AGAG ou calquera outra páxina web utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de “Axuda” mostraralle como facelo. En caso de dúbida, consulte co seu farmacéutico (se ten coñecementos de ofimática, claro, que se non se vai a quedar vostede como estaba).
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL.-
AGAG, por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web (que para iso habémosnola currado), así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de AGAG ou ben das súas licenciantes.
Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, e léanos se non nos cren, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de AGAG.
O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de AGAG. Poderá visualizar os elementos do portal e mesmo imprimilos (se ten tinta na impresora, iso si), copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado (nada de subilo como torrent, que temos un problema). O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de AGAG. Tampouco deberá conducir borracho, pero ese é outro tema.
PROTECCIÓN DE DATOS.-
LEXISLACIÓN. En cumplimento co Artigo 12 do Regulamento Europeo de Protección de Datos, relativo á transparencia da información, comunicación e modalidades de exercicio dos dereitos do interesado e do Artigo 13 relativo á información que deberá facilitarse cando os datos persoais se obteñan do interesado.
RESPONSABLE: Mediante a presente web xestiónanse e recóllense datos para a seguinte entidade:
Asociación Sindical Galega de Guionistas
G-15591993
Rúa das Salvadas 2, 15705 Santiago de Composstela
Email: coordinacion@guionistas.gal
ENCARGADO DE TRATAMENTO: Dinahosting SL
FINALIDADE DO TRATAMENTO. A finalidade do tratamento é a de atender aos pedidos ou ás solicitudes de información ou contacto recibidas de vostede, así como mantelo/a informado das nosas iniciativas e servizos, actuais ou futuros.
LEXITIMACIÓN. Informámolo/a de que a base legal para o tratamento dos seus datos é a de poder atender a súa solicitude de contacto e/ou de rexistro preciso para atender as súas consultas. O interesado / A interesada dá o seu consentemento ao cubrir o formulario de contacto/rexistro e enviarnos os seus datos.
CONSERVACIÓN DOS DATOS. Os datos proporcionados conservaranse durante os prazos legalmente establecidos.
CESIÓNS DE DATOS. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista obriga legal.
DEREITOS DO/A INTERESADO/A. Terá dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fines que foron recollidos. Poderá solicitar a limitación ou oposición do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente os conservaremos apra cumplir coas obrigas legalmente establecidas.
DEREITO A NON SER OBXECTO DE DECISIÓNS INDIVIDUAIS AUTOMATIZADAS, INCLUIDA A ELABORACIÓN DE PERFILES. Non se realizan sobre o usuario decisión individuais automatizadas nin se elaboran perfiles que produzan efectos xurídicos ou lle afecten significativamente de modo similar.
ONDE EXERCER OS DEREITOS. Para o exercizo dos seus dereitos debe enviar un correo electrónico a info@guionistas.gal indicando por escrito a súa petición e adxuntando fotocopia do seu DNI.
MEDIDAS DE SEGURIDADE. Tendo en conta o estado da técnica, os custes de aplicación, a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, O TITULAR DA WEB aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco.
TRATAMENTO BASEADO NO CONSENTEMENTO DO/A AFECTADO/A. A través desta páxina www.guionistas.gal non se recolle ningún dato persoal sen o seu consentemento.
DEBER DE CONFIDENCIALIDADE. De conformidade co artigo 5.1f) do Regulamento (UE) 2016/679 O TITULAR DA WEB comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal e a empregalos só para as finalidades indicadas.
INEXACTITUDE DOS DATOS OBTIDOS DIRECTAMENTE DO AFECTADO/A. A efectos previstos no artigo 5.1f) do Regulamento (UE) 2016/679, non serán imputables ao responsable do tratamento os datos persoais que sexan inexactos con respecto aos fins para os que se tratan, se vostede non exercitou o seu dereito de rectificación.
DEREITO A RECLAMAR. No caso de que non estea conforme co tratamento dos seus datos poderá dirxir as súas reclamacións ante as Autoridades de protección de datos.
EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE.-
AGAG non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo. De igual modo tampouco se fai responsable se, por iso de facer a graza, o computador explótalle porque decide botarlle un cubo de cervexa por encima.
MODIFICACIÓNS.-
AGAG resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal. De todos os xeitos, se se atopa con exclusivamente fotos de pratos con nomes en inglés é porque por erro entrou no Instagram dun hipster. Igualmente, AGAG poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición (na cal se servirán os típicos canapés) e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
DEREITO DE EXCLUSIÓN.-
AGAG resérvase o dereito para denegar ou retirar o acceso a portal (sobre todo se acabamos de fregar) e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.
LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN.-
A relación entre AGAG e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
No caso de que non se chegue a un acordo satisfactorio para ambas as partes, terá lugar un xuízo por combate a matar. Pero xa lle avisamos que na directiva de AGAG temos como vogal á MONTAÑA.
DERRADEIRO APARTADO.-
Pois iso.