Carlos Aurelio Lòpez Piñeiro
- Biografía
- Obra
- Contacta
Doutor pola Universidade de Vigo (UdeVigo) coa tese “Técnica do relato fílmico”, cualificada con sobresaínte cum laude. Comecei como produtor, guionista e director no Equipo Imaxe (Premio de Honra Mestre Mateo 2006), do que fun membro fundador, ao tempo que traballaba como crítico cinematográfico do diario La Voz de Galicia (1975-1982). Entre 1989 e 1992 fun presidente da Asociación de Produtores de Galicia e entre 2000 e 2011, membro da xunta directiva da Asociación Galega de Guionistas (AGAG).
En 1992 recibín o premio de guión Carlos Velo da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da que posteriormente obtiven cinco axudas para a escrita de guións. Paralelamente desenvolvín un labor historiográfico no ámbito do cinema con diferentes recoñecementos, como o Premio de Investigación Provincia de Pontevedra 1996, e dende entón teño publicado varios libros sobre esta temática. Ademais, participei en seminarios de guión impartidos por Linda Seger (1997), Valentín Fernández Tubau (1999) e Jean Claude Carrière (2000), entre outros. Tamén impartín obradoiros de guión organizados pola AGAG (2000-2005) e fun profesor ocasional na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UdeVigo (2000-2012) e profesor titular de Guión e Produción Creativa na Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (2003-2010). Entre as miñas producións, destaca a longametraxe Urxa (1989), da que fun coproductor, coguionista e codirector.
- 2009 “Morte dun estudante de cine”. HD. Curtametraxe. Guión, produción e dirección: Óscar Galansky. Director de produción.
- 2003-2009 Asesor de guión e produción das películas de gradación dos alumnos de EGACI.
- 2006 “Gutbai, Charly”. HD. Mediametraxe. Guión e dirección: Jorge Cassinello. CoProdución con London Film School e EGACI.
- 2005 Desenvolvemento do proxecto de longametraxe documental “Exploradores galegos do Pacífico” para Producciones Vigo S.L. Guión.
- 1998 "Disonancias". 35mm. Curtametraxe. Guión, produción e dirección: Ignacio Vilar. CoProdución con Vía Láctea Filmes.
- 1994 "Inanimados". Vídeo infografías. Guión e dirección: Alfredo G. Pinal. Produción.
- 1993 "Costa de Compostela", "A Ruta Xacobea do Mar" e "VII Feira do Moble de Galicia". Vídeos turístico-publicitarios. Produción: Olympus Comunicación S. L. Guión e dirección.
- 1993 "Alecrín clip". Videocreación musical. Dirección: Alfredo G. Pinal. Produción: Vici. Guión.
- 1992 "A Barbería". 35mm. Curtametraxe. Dirección: Alfredo G. Pinal. Produción: Vici. Co-Guión.
- 1991 "Aldán e Elva". Vídeo. Piloto de Telecomedia. Produción: Vici. Guión e dirección.
- 1989 "Urxa". 35mm. Longametraxe. CoProdución, CoGuión e CoDirección.
- 1986 "Noa e Xoana". 35mm. Curtametraxe. Produción, Guión e Dirección Luisa Peláez. CoProdución e Dirección de Producción.
- 1984 "Embarque". 35mm. Curtametraxe. Produción, guión e dirección.
- 1984 "Morrer no mar". 35mm. Curtametraxe. Guión e dirección: Alfredo G. Pinal. Produción. Primeiro premio do "I Festival Internacional de Cinema de Troia". Portugal, 1985.
- 1984 "O segredo". 35mm. Curtametraxe. Guión e dirección: Daniel Domínguez. Produción.
- 1984 "Son e voces na noite". 35mm. Curtametraxe. Guión e dirección: Juan Cuesta. Produción.
- 1983 "Alea". Vídeo-creación. Guión e dirección.
- 1981-1982 Anuncios publicitarios en 35mm. Produción, guión e dirección.
- 1978-1980 Documentais industriais en diversos formatos. Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección.
- 1979 "Érase unha vez unha fábrica". 16 mm. Curtametraxe documental. Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección.
- 1979 "A cidade que se nos vai". 16 mm. Curtametraxe documental. Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección.
- 1979 “Circos". 16 mm. Mediametraxe documental. Equipo Imaxe. Guión e dirección: Xavier Villaverde. Produción.
- 1977 "A ponte da verea vella". 16mm. Curtametraxe. Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección.
- 1976 "Illa". 16mm. Curtametraxe. Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección.
- Premio á Mellor Película nas "IV Xornadas de Cine Independente", Madrid, 1976.
- Primeiro Premio "IX Festival Internacional de Cine Independente Ciudad de Zaragoza", 1976.