Mesa redonda "Movistar e o éxito de Hierro"
"Hierro", exitoso thriller para Movistar+ convértese nunha das series más relevantes da tempada, acadando nominacións en multitude de premios e o apoio incontestable do público. Recentemente anunciada a súa segunda tempada, que mellor momento para abordar, dende o rol como creador e guionista principal de Pepe Coira, o labor no guión de Araceli Gonda e o traballo na dirección de Jorge Coira, o que supón escribir e dar forma a unha serie coma esta.
A mesa redonda terá lugar o venres 25 de outubro de 16.30h a 20h na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.
Trátase dunha actividade gratuíta para membros de AGAG, SGAE, FAGA e CREA. A tarifa xeral é de 20€, e a tarifa de estudante é de 15€.
Inscricións e reserva de prazas: info@guionistas.gal
O prazo de inscrición remata o 22 de outubro ás 23.59h
Aínda que teñen carreiras dilatas por separado, vencelladas tanto á televisión e o cinema nacional como, sobre todo, á Televisión de Galicia, algúns dos fitos máis importantes conseguíronos formando equipo creativo arredor da produtora Portocabo. Sempre na procura de proxectos distintos e arriscados (Luci, Vidago Palace), a consecución de anos de traballo leva a Pepe Coira, Araceli Gonda e Jorge Coira ata Hierro, un exitoso thriller para Movistar+ que se converteu nunha das series máis relevantes da temporada.