Teresa Barberena Fernández
- Biografía
- Obra
- Contacta
Estudou Xornalismo na Universidade Autónoma de Barcelona, Comunicación Audiovisual na de Vigo e o Ciclo Superior de Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe no IES La Marxadella. É Doutora Cum Laude en Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Na súa vida profesional traballou en gabinetes de prensa, xornais e na televisión como guionista e técnica de contidos. Na actualidade, compaxina a escritura de guións coa docencia en imaxe e son.
Nos últimos anos e despois de gañar co seu alumnado o Premio Nacional de Educación do Ministerio de Educación á Inclusión 2017 co proxecto Festival de Cine Consentido, especializouse na Accesibilidade no Cinema. Dirixiu os Departamentos de Produción e Accesibilidade do Festival de Cine Inclusivo de Vigo ata o ano 2023 no que deixou de celebrarse. É docente do Curso de Especialización de Audiodescrición e Subtitulado no que impulsa a necesidade dun audiovisual accesible e inclusivo en Galicia.
Directora e guionista da webserie "E logo, quen foi?"
Directora e guionista da curta "Amores contrariados"
Finalista en Desde otro prisma do Notodofilmfest co proxecto de longametraxe "Roaming Love"
Premio do I Cambio de plano de Netflix e DAMA co proxecto de serie "Terrores Cotidianos"
Guionista da webserie "Doc way. Camiño portugués"
Coordinadora de guións do concurso "Queres ser o mellor?" da TVG
Axudante de dirección e guionista do programa "Xiz" de V televisión.
Técnica de contidos en V televisión
Guionista do programa "Acompáñenos" da TVG
Axudante de guionista do programa "Máxima Audiencia" da TVG
Directora e guionista da curta "Rúa Límia, s/n"