Visualiza o II Encontro de mulleres do audiovisual galego na canle de Youtube
Xa está dispoñible na canle de YouTube de AGAG o II Encontro de mulleres do audiovisual galego celebrado este mércores 18 ás 18:00 horas, unha cita que reuniu a destacadas profesionais do sector para compartir experiencias e reflexionar sobre o presente e o futuro da industria.
A sesión contou coa participación de Alicia Francés (dirección de fotografía), Lourdes Rodríguez (montaxe), Alba Pego (son), Beatriz Legerén (guión e videoxogos) e Elba Fernández (composición e deseño gráfico). A conversa estivo moderada pola guionista Clara Coira.
Durante o encontro, as participantes abordaron cuestións clave sobre os seus respectivos ámbitos profesionais, compartiron as súas traxectorias e analizaron os retos e oportunidades que afronta o audiovisual galego na actualidade.
Esta conversa aberta ofrece unha valiosa oportunidade para coñecer mellor os distintos oficios que conforman o sector audiovisual e escoitar, en primeira persoa, as experiencias de mulleres que desenvolven o seu traballo neste eido.
Podes escoitala ao completo aquí.