Vémonos no Encontro de Guionistas Socixs de AGAG!
Este 11 de Outubro temos unha cita importante ás 17:00 na Nave de Vidán (Av. da Mestra Victoria Míguez, 44): un Encontro de Guionistas pensado especialmente para nós, os socios e socias de AGAG.
Queremos crear un espazo de encontro, reflexión e celebración do noso oficio. Un día para compartir experiencias, falar de como está o sector, descubrir novos proxectos e, sobre todo, vernos as caras fóra das pantallas.
Haberá espazo para o networking, falar de futuras actividades e tamén algo de picoteo, que non todo vai ser traballar. Estamos ultimando a xornada, pero xa podes anotarte neste formulario de inscrición. Non o deixes para o último momento!
A organización corre a cargo de AGAG, e contamos coa colaboración de DAMA e Fundación SGAE.
Marca a data: 11 de xuño, ás 17:00 na Nave de Vidán.
Se tes algunha dúbida ou suxerencia, escríbenos a coordinacion@guionistas.gal