
V Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe 2023-2024

Abrimos convocatoria para a V Edición do Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe, dotado economicamente con 2.000 euros para o traballo gañador.
Organizado dende AGAG, co apoio económico de Fundación SGAE, o patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e a colaboración de Filmarket Hub, este certame de guión nace cos obxectivos de potenciar a lingua galega no audiovisual, promover aos autores e autoras que escriben en galego e axudar a difundir o traballo das persoas socias da asociación sindical.
O prazo de admisión estará aberto do 3 de xullo ao 1 de novembro, ambos incluídos. O 5 de decembro anunciaranse os guións finalistas e o fallo definitivo do xurado, formado por membros da Xunta Directiva de AGAG, farase público o 15 de decembro de 2023 mediante a súa publicación en medios de comunicación, nas redes sociais de AGAG e nun acto na sede da Fundación SGAE de Santiago de Compostela.