Tres socias de AGAG, entre as finalistas dos premios Mulleres no Foco
Un ano máis, CIMA xunto coa Deputación de Pontevedra celebra os premios «Mulleres no Foco», uns galardóns que recoñecen o talento e a traxectoria das profesionais audiovisuais en todas as súas áreas. Tres das nosas socias están entre as 17 candidatas finalistas:
Clara Coira
Inés Pintor
Inés Colmeiro
Xunto a elas, tamén son finalistas outras grandes profesionais do audiovisual galego: Uxía Caride Blanco, Andrea Vázquez García, Xisela Franco Costas, Ana Domínguez Díaz, Marta Villar Sanjurjo, Rosa Moledo Maneiro, María Ignacia Ceballos González-Llanos, María Isabel Rivera Torres, Lucía Estévez González, Diana Gonçalves Domínguez, Mela Casal Devesa, María Rodríguez Piñeiro, Carmen Méndez Lamas e Anxos Fazáns Estévez.
Nesta VI edición, AGAG volveu a formar parte do xurado de valoración xunto con outras asociacións do sector.
Dende aquí, queremos felicitar a todas as finalistas polo merecido recoñecemento ao seu traballo e, moi especialmente, ás nosas socias, por levar o talento das guionistas galegas a esta celebración do audiovisual feito por mulleres.
📆 Venres 9 de outubro, ás 20:00 h
📍 Auditorio de Marín
🎟️ Inscrición previa no correo protocolo@depo.es
Moitos parabéns a todas e moitísima sorte! 🍀