As Titorias AGAG para mulleres guionistas teñen o seu peche en Pontevedra cun pitch diante da industria
A Casa da Luz de Pontevedra acolleu este sábado 16 de maio o Pitching das Titorías AGAG, unha iniciativa impulsada pola Asociación Sindical Galega de Guionistas para dar visibilidade e apoio ao talento das mulleres guionistas galegas.
Durante a xornada presentáronse cinco dos seis proxectos audiovisuais desenvolvidos no marco destas titorías: as longametraxes Roi, de Paula Sanmartín, e Lorzas, de Antía Rodeiro; a serie Sinfonía do extrarradio, de Diana Longa; e os programas de televisión Fóra, de Xulia Lomba, e O xornal, defendido por Adela Martínez e Paula López.
O evento contou coa presenza de produtoras e profesionais do sector audiovisual como Nati Juncal (Cósmica Produccións), Elena G. Román (Matriuska Ficciones), Tania Vila (Artyc), Bea Villar e Cristela Torres (Brava), Noelia Papín (Serea Films) e Alberto Díaz (Papermoon). Tamén asistiron Lidia Fraga por parte da Fundación SGAE e Anabel Gulias en representación do Concello de Pontevedra.
A actividade ten o apoio da Xunta de Galicia a través da subvención a laboratorios, residencias e incubadoras audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturais, a Fundación SGAE, CIMA (Asociación de mulleres cineastas e dos medios audiovisuais) e o Concello de Pontevedra. Consolidando un espazo de encontro entre creadoras emerxentes e a industria audiovisual galega.