Socixs de AGAG finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo
A Academia Galega do Audiovisual daba onte a coñecer en Lugo as candidaturas finalistas da XXIV Premios Mestre Mateo, nun acto celebrado no centro sociocultural O Vello Cárcere e conducido pola actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes. A gala, que terá lugar o 21 de marzo tamén en Lugo, estará presentada pola actriz Trisha Fernández e polo cómico Federico Pérez, baixo a dirección escénica da realizadora Marta Arévalo. Dende AGAG queremos trasladar a nosa máis sincera noraboa a todas as persoas e equipos nomeados e, de maneira moi especial, ás nosas socias e socios. Parabéns!
– MELLLOR GUIÓN, “Antes de nós”, de Pepe Coira.
– MELLOR SERIE, “O home perfecto”, escrita por Sergio Campo, Alberto Guntín, Roberto G. Méndez, Lidia Fraga, Jacobo Díaz, Jacobo Paz e protagonizada por Adrián Castiñeiras. “Weiss e Morales” Carlota Dans, Nina Hernández, Alberto Guntín, Dani D.García e Puri Seixido.
– MELLOR PROGRAMA, “Cos pés na terra”, Unha idea orixinal de Pepe Coira, coa participación do noso socio Marcos Estevo.
– MELLOR DOCUMENTAL, “360 Curvas”, producida por Xacio Baño.
– MELLOR CURTAMETRAXE, “Abellón” escrita e dirixida por Fon. “Adeus, Berta”, escrita por Ángela Andrada, dirixida por Fernando Tato
– MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN, “O mesmo” escrita por Inés Pintor.
– MELLOR WEBSERIE, “Alucinema”, escrita e dirixida por Fernando Tato.
– MELLOR REALIZACIÓN, “Historias de Aquí”, realizada por Marcos Nine. “Cos pés na terra”, realizada por Marcos Estevo, Diego Guerrero e Breixo Llano.