Coñece os 6 proxectos seleccionados para a IV edición das Titorias AGAG
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) da a coñecer os seis proxectos seleccionados na IV Edición das Titorias AGAG para Mulleres Guionistas. Os compoñentes do comité, formado pola Xunta directiva de AGAG, destacan a alta calidade da meirande parte dos proxectos recibidos. A partir da vindeira semana, as seleccionadas serán titorizadas durante seis meses por varios profesionais de contrastado recoñecemento no ámbito do cine e da televisión.
Os traballos seleccionados e as súas autoras son os seguintes:
Na categoría longametraxe:
-
- ‘Alevosía’, de Sara Casasnovas
-
- ‘O punto’, de Natalia Porca
-
- ‘Shido’, de Anita Pico
Na categoría serie:
-
- ‘Delirio Sketches’, de Bea Saiáns
-
- ‘Querida Avóa’, de Lucía Estévez
Na categoría de programas de televisión:
-
- ‘Éche o que hai’, de Carmen García.
As persoas encargadas do asesoramento e acompañamento do proxecto durante o proceso de titorización son Sonia Méndez, Daniel D. García e Paula Cons na categoria de longametraxe; Jacobo Díaz e Purificación Seixido nas series; e Inés Colmeiro en programas de televisión.
As Titorías AGAG para mulleres guionistas son unha iniciativa da Asociación Sindical Galega de Guionistas, en colaboración coa Fundación SGAE, que nace cos obxectivos de promover a presenza de mulleres guionistas no audiovisual galego, apostar polo novo talento feminino no eido do guión, asesorar e dar a coñecer os proxectos das creadoras galegas, de calquera idade, con e sen experiencia profesional.