6 proxectos e 6 creadoras darán forma á VI Edición das Titorías AGAG para Mulleres Guionistas
A VI edición das Titorías AGAG para Mulleres Guionistas xa ten protagonistas. Durante cinco meses, recibirán acompañamento profesional para darlle un pulo ás súas ideas e seguir abrindo camiño no audiovisual galego.
Na categoría de longametraxe:
-
Paula Sanmartín Juncal con Roi, acompañada por Paula Cons.
-
Antía Rodeiro Maseda con Lorzas, titorizada por Araceli Gonda.
En series:
-
Diana Longa Collazo con Sinfonía do extrarradio, con Alberto Guntín.
-
María Fernández Ache con O desterro, con Lidia Fraga.
E en programas de TV:
-
Xulia Lomba Fernández con Fóra, con Inés Colmeiro.
-
Adela Martínez Muíños e Paula López Villamor con O xornal, con Óscar Cruz.
Como novidade, contaremos coa colaboración de CIMA, que achegará recursos para reforzar a carreira das participantes.
Unha nova edición para darlle voz ás guionistas galegas e construír un audiovisual máis plural, diverso e feminista
Co apoio de Fundación SGAE, Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e CIMA (Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales)