Primeiras entradas do IX Encontro de Guionistas en Logroño a venda
O IX Encontro de Guionistas (organizado por FAGA, da que AGAG é membro, e ALMA) está cada vez máis preto. O evento terá lugar en Logroño os días 28, 29 e 30 de maio de 2026 no marco do “Ano Rafael Azcona”.
As entradas early bird, sairán a venta o 14 de xaneiro ás 11:00 na web do Encontro. Por ser socio de AGAG-FAGA, tes un desconto especial: só 95€
Por se tes algunha dúbida podes escribirnos a coordinacion@guionsitas.gal ou revisar este listado de Preguntas Frecuentes.
¿Pódense transferir as inscricións a outra persoa?
As inscricións son nominais e persoais. Cada inscrición está vinculada a unha persoa concreta e non se pode transferir a outra persoa.
Que datos teño que facilitar ao inscribirme?
No momento da compra é obrigatorio indicar o nome e apelidos da persoa asistente, que serán os datos utilizados para o control de acceso ao evento.
Solicitarase identificación para acceder ao evento?
Si. A organización poderá requirir un documento de identidade para comprobar que os datos coinciden cos da inscrición.
Que inclúe exactamente a inscrición ao evento?
A inscrición inclúe:
-
Acceso a todas as relatorías e diálogos do venres e do sábado
-
Xantar do venres e do sábado
-
Acceso ao acto de inauguración do xoves 28 de maio
-
Pase á festa de clausura do sábado 30 de maio
Que NON está incluído na inscrición?
A inscrición non inclúe os gastos de viaxe nin de aloxamento, que deberán ser xestionados por cada persoa asistente.
Podo cancelar a miña inscrición e solicitar unha devolución?
Non existe dereito de desistimento, pero a organización permite devolucións parciais voluntarias segundo a data de cancelación:
-
Ata o 28 de abril: devolución do 80 %
-
Do 29 de abril ao 22 de maio: devolución do 50 %
-
A partir do 22 de maio: non se admiten devolucións.
Os gastos de xestión non son reembolsables.
Que ocorre se o evento se cancela por parte da organización?
No caso de cancelación do evento, realizarase a devolución do 100 % do importe da inscrición.
Que pasa se me inscribo con desconto e non cumpro os requisitos?
A organización verificará o dereito aos descontos aplicados. Se se detecta un incumprimento, tomaranse as medidas pertinentes e informarase á persoa afectada.