Se estás pensando en presentarte as Axudas do ICAA a escritura de guión, isto interésache
A partir do día 3 abre o prazo para solicitar as Axudas á escritura do ICAA. Dende a Unión de Guionistas, da que AGAG forma parte, preparáronse varios recursos para facilitar a presentación das solicitudes:
- Unha guía resumo cos aspectos máis importantes da convocatoria.
- Un documento de preguntas frecuentes coas dúbidas máis habituais.
- A guía oficial do ICAA para presentar a solicitude.
Se despois de consultar esta documentación precisas máis información, podes contactar co ICAA en infoguiones.icaa@cultura.gob.es ou con Unión de Guionistas en info@uniondeguionistas.com.
O prazo remata o 23 de xullo. Non o deixes para o último día. Moita sorte!