Nova modalidade de persoa socia de AGAG
Estreamos unha nova modalide de socio/a adherido/a para fomentar a chegada de novo talento.
Se eres guionistas e non tes unha obra comunicada publicamente, pero buscas mergullarte no mundo profesional do guión. Dende AGAG queremos fomentar a chegada de novo talento, de calquera idade, acompañandóo na súa primeira etapa dentro do sector. Creando así unha rede máis forte e diversa.
Por iso creamos esta nova modalidade, soci/a adherido/a cun valor simbólico de 20€ anuais a pagar nun só prazo.
Para poder formalizar o proceso só tes que cubir un pequeno formulario e agardar a recibir unha notificación da Xunta Directiva co resultado da túa solicitude. No caso de ser admitida/o, terás que cubrir unha ficha de socio/a que che enviaremos ao teu email. Unha vez recibamos a ficha cumprimentada, serás socio/a addehrida/o de AGAG.