Nicolás Campos, novo Presidente da AGAG
Tralas Elecións á nova Xunta Directiva da Asemblea celebrada o pasado 27 de maio de 2015, resultou elixida por maioría absoluta a candidatura liderada por Nicolás Campos, que dese xeito pasa a ser o novo Presidente da AGAG, substituíndo no cargo a Carlos Ares, quen tras catro anos como presidente da nosa asociación cede o testigo a Nicolás. Comprácenos comunicar que Carlos Ares non abandoa os labores directivos e pasa a ser Presidente da Academia do Audiovisual. Desde AGAG, desexámoslle unha magnífica lexislatura ao fronte da Academia. A nova Xunta Directiva da AGAG queda composta así:
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.