Aberta a convocatoria do taller LIM² Boosting Ideas de Le Groupe Ouest impulsado por AGADIC
Tes unha idea de película dando voltas na cabeza? A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia abre a convocatoria para o prestixioso taller LIM² Boosting Ideas, unha oportunidade pensada para guionistas, directoras/es e produtoras/es creativos/as que queiran explorar as súas historias antes de sentarse a escribir.
Do 19 ao 23 de outubro en Brest (Bretaña), 12 participantes (6 de Galicia e 6 da Bretaña) compartirán unha experiencia intensiva arredor do proceso creativo e da preescritura, guiados polo equipo de Le Groupe Ouest, referente europeo no desenvolvemento cinematográfico.
Buscan proxectos de longametraxe de ficción en fase inicial e tamén perfís creativos doutras disciplinas como teatro, documental ou artes visuais.
📅 O 12 de xuño ás 10:00 h haberá unha sesión informativa en liña con Antoine le Bos, Tara Mulholland e Simão Cayatte. Podedes anotarvos aquí.
✈️ As persoas seleccionadas de Galicia terán cubertos desprazamento, aloxamento e manutención.
⏳ Prazo de inscrición aberto ata o 2 de xullo de 2026.