O IX Encontro de Guionistas terá lugar en Logroño no marco do “Ano Rafael Azcona”
IX Encontro de Guionistas, terá lugar os días 28, 29 e 30 de maio de 2026 no marco do “Ano Rafael Azcona”, declarado pola capital rioxana.
Organizado polo Asociación Encontro (formada por ALMA e FAGA) e co apoio do Concello de Logroño, reunirá arredor de 450 profesionais de todo o país, ademáis de estudantes, e incluíra preto de 50 ponentes que falarán sobre temas de actualidade como: ficción e entretemento, plataformas audiovisuais, propiedade intelectual ou retos da intelixencia artificial no guión. Este encontro representa unha oportunidade única para visibilizar o papel central do guión audiovisual na creación cultural, así como para fomentar o intercambio profesional entre guionistas, creadoras e creadores de todo o Estado.
Queremos destacar ademais o simbolismo dun evento que rende homenaxe a Rafael Azcona, figura esencial do guión en España: autor de obras como Belle Époque, Plácido ou A lingua das bolboretas, é o guionista con máis Premios Goya da historia.
Compre estar atentxs as redes sociais xa que pronto anunciarán a venta das primeiras entradas e algunhas das ponencias.