IV Edición das Titorías AGAG para Mulleres Guionistas
Abrimos a convocatoria da terceira edición das titorías para mulleres guionistas, un programa que seleccionará seis autoras para acompañalas no proceso de escritura dos seus proxectos.
As Titorías AGAG para mulleres guionistas son unha iniciativa da Asociación Sindical Galega de Guionistas, en colaboración coa Fundación SGAE, que nace cos obxectivos de promover a presenza de mulleres guionistas no audiovisual galego, apostar polo novo talento feminino no eido do guión, e asesorar e dar a coñecer os proxectos das creadoras, con ou sen experiencia profesional.
O prazo de presentación de proxectos estará aberto do 1 de setembro ao 15 de setembro do 2023, ambos incluídos, e a documentación requirida poderá consultarse na web da Asociación Sindical Galega de Guionistas, xunto co texto completo das bases da convocatoria.
AGAG seleccionará seis autoras: dúas na categoría de longametraxe, dúas na categoría de serie e dúas na categoría de programa de televisión. Un mínimo do 50% dos proxectos seleccionados serán de autoras noveis.
As titorías, que correrán a cargo de profesionais de recoñecida traxectoria en cada ámbito do sector, desenvolveranse de maneira online e terán unha duración de seis meses, dende outubro de 2023 ata marzo de 2024. Consistirán nun total de seis reunións para acompañar e aconsellar ás autoras no proceso de escritura dos proxectos seleccionados.
Na edición anterior Paula Cons, Alberto Guntín, Puri Seixido, Jacobo Díaz, Víctor Sierra e Rocío Barrio foron as e os guionistas encargados de titorizar os proxectos escollidos.
Podes consultar as bases aquí.
Anímate, envíanos o teu proxecto!