Así foi o II Encontro de Guionistas de AGAG
O pasado sábado día 3 de outubro, celebramos o II Encontro de Guionistas de AGAG, unha xornada para reencontrarnos, compartir experiencias e desfrutar dun tempo xuntas e xuntos fóra do traballo.
Queremos agradecer a todas as persoas socias que se achegaron ao encontro e fixeron posible unha tarde tan especial. Foi un pracer volver vernos as caras e compartir conversacións nun ambiente distendido.
O noso agradecemento tamén á Fundación SGAE e a DAMA por facer posible o evento, e ao Riquela Club por acollernos e facernos sentir como na casa.
Vémonos no próximo encontro!