‘Monstros’, ‘Amparo, pero non olvido’ e ‘Onda tras onda’ finalistas do VII Premio Daniel Domínguez
AGAG ven de facer público os finalistas do VII Premio Daniel Domínguez de guión de longametraxe en galego, que conta co apoio da Fundación SGAE e o patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. As persoas desinadas son Benigno Luis López, Luis Millares e Daniel Cornes.
O xurado foi constituido por Lidia Fraga (membro do consello territorial da SGAE), Clara Coira (secretaria de AGAG) e Sara Varela (tesoreira de AGAG). Atendendo aos criterios de calidade, interese, viabilidade, ambientación galega, perspectiva de xénero e aos aspectos formais propios da escrita de guión cinematográfico.
Obras finalistas
O xurado designou como finalistas desta edición os seguintes guións:
– ‘Monstros’ de Benigno Luis López polo dominio impecable dos códigos do thriller, a profundidade psicolóxica dos personaxes, e a valentía de abordar unha temática incómoda cunha mirada autoral comprometida coa complexidade moral da historia.
– ‘Amparo, pero non olvido’ de Luis Millares por ser unha proposta divertida e arriscada, tanto no xénero como na elección e desenvolvemento dos protagonistas.
– ‘Onda tras onda’ de Daniel Cornes pola súa radiografia da Galicia dos 70s, que combina suspense e crítica social cuns diálogos realistas e afiados, que revelan tensión, clase, territorio e identidade sen perder ritmo.
Anuncio da obra gañadora
A obra vencedora darase a coñecer o venres 12 de decembro ás 13.00 h na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, tal e como se establece no punto 8 das bases do certame.
O Premio Daniel Domínguez consolídase como unha referencia no impulso ao talento creativo e á produción de guións en lingua galega, favorecendo a emerxencia de novas voces e a consolidación dunha industria audiovisual diversa e de calidade.
Na edición anterior, os galardoados foron ‘A comuñón de Breixo’ de Miguel Fernández, ‘As crechas’, de Inés Pintor e ‘Para que non me esquezas’, de Jorge Algora.