Desvelamos os tres finalistas do VI Premio Daniel Domínguez 2024
Hoxe anunciamos aos tres finalistas do VI Premio Daniel Domínguez de guion en galego: Miguel Fernández, Inés Pintor e Jorge Algora. O guion gañador será revelado nun acto que terá lugar na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, o vindeiro venres 13 de decembro.
O xurado estivo composto por Sara Varela e Ángel Manzano, directivos de AGAG, e Víctor Sierra, membro da directiva da SGAE. O comité seleccionou aos finalistas tras unha deliberación baseada na singularidade e o enfoque innovador das obras presentadas.
Guións finalistas
“A comuñón de Breixo”, é obra de Miguel Fernández. Este guión destaca por presentar por un argumento distinto ao esperado dada a súa temática, aderezado cunha boa dosis de humor.
“As crechas”, escrito por Inés Pintor, é un sopro de autenticidade tanto na súa forma como pola veracidade dos personaxes, situados na Coruña de inicios dos 90.
“Para que non me esquezas”, creado por Jorge Algora, por contar as repercusións e vivenzas da Guerra Civil dende o presente, dando un punto de vista diferente ao que se sole empregar no cinema convencional.
O guión gañador recibirá un premio en metálico de 2.000 euros.
Un Certame para promover a creación en galego
O Premio Daniel Domínguez de guión en galego, que conta co apoio da Fundación SGAE e o patrocinio da Xunta de Galicia; ten como obxectivo potenciar o uso da lingua galega no ámbito audiovisual, promover aos e as guionistas que escriben en galego e dar visibilidade á realidade territorial.
Na edición anterior, os galardoados foron Héctor Carré con “Sinais”, Uxía Diéguez Santiago con “Furtivo” e Gumersindo Novoa Rodríguez con “As cores da alma”.