FAQ sobre o VII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe
Co fin de solventar dudas e orientar as persoas que queiran presentarse ao premio, deixamos unha serie de preguntas e respostas de utilidade.
Preguntas frecuentes (FAQ)
- Como me presento ao VII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe ?
A través do correspondente formulario: https://forms.gle/gJNJqY8k5gTikWUt7
- Cal é a dotación?
O guión gañador recibirá 2.000 euros
- Cal é o prazo para presentar os guións?
Dende o 4 de xullo ata ao 31 de outubro de 2025 ás 23:59
- Quen pode presentarse?
Calquera guionista maior de idade, de calquera nacionalidade, que resida en España.
- En que lingua debe presentarse o guión?
Debe presentarse totalmente en lingua galega.
- Debe o guión ser orixinal?
Acéptanse obra orixinais ou adaptadas, sempre que se teñan os dereitos ou a obra sexa de dominio público.
- Está limitado o número de páxinas do guión?
Non, non existe un límite. Tendo en conta que un guión de longametraxe debe ter un mínimo de 60 páxinas. Non se admitirán sinopses, nin tratamentos ou guións inacabados.
- Se participei nun laboratorio o disfrutei dalgunha axuda, podo presentarme?
Sí, sempre que non recibise algún premio económico ou que estea comprometido cunha produtora para a súa filmación.
- Que documentos hai que achegar na inscrición?
- Guión (portada co TÍTULO + pseudónimo/s)
- Declaración de autoría
- Certificado do Rexistro da Propiedade Intelectual
- Certificado dereitos de adaptación (de ser o caso)
- Os guións que recibe o xurado son anónimos?
Sí, por iso se pide un documento separado que conteña os datos persoais da autora ou autor, mentres que o guión presentado non leva ningunha información identificativa na portada. Incumplir isto supón a descalificación da obra.
- Pódense presentar varios guións dun mesmo autor ou autora?
Si, é posible, pero só un sería finalista.
- Pódense presentar guións escritos por varios autores ou autoras?
Sí. No caso de estar escrito por varias personas, todas deben asinar a declaración de autoría.
- É preciso estar asociado/a a AGAG para participar?
Non é necesario.
- Como se realizará o proceso de selección e prazos de fallo?
Unha vez finalizado o prazo de inscricción o xurado terá un mes para a lectura dos proxectos e a súa posterior deliberación. O 5 de decembro de 2025 faranse públicos os finalistas e o 12 anunciarase o gañador nunha entrega de premios na sede da SGAE en Santiago de Compostela.
- Que criterios utilizará o xurado para valorar os guións?
O comité fará a selección valorando a calidade narrativa do guión, a creación de personaxes, os diálogos, o uso coidado e fluído da lingua galega, a orixinalidade da proposta, o seu potencial cinematográfico e a perspectiva de xénero.
- Se non resulto gañador, podo reclamar ou consultar a valoración?
O fallo do xurado será inapelable.
- Perde o autor a propiedade intelectual do guión ao presentar?
Por suposto que non, non hai ningún tipo de cesión de propiedade intelectual. O autor conserva os dereitos da obra. As obrigas que acepta teñen que ver con mencións, recoñecemento, e uso dos datos, non coa cesión de dereitos.
Se tes algunha dúbida, escríbenos a coordinacion@guionistas.gal