Chamamento aos guionistas participantes nas axudas ao desenvolvemento de Agadic
O noso asesor xurídico está a elaborar un informe sobre a situación laboral dos guionistas, concretamente en relación cos proxectos presentados ás axudas ao desenvolvemento da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Para levalo a cabo, solicitamos a túa colaboración.
Pregamos a todos os guionistas vinculados a proxectos presentados a esta convocatoria que cubran a breve enquisa dispoñible nesta ligazón, centrada na natureza das súas relacións contractuais. O tempo estimado de resposta é de apenas un minuto.
Garantimos que toda a información e os testemuños solicitados serán tratados con absoluta confidencialidade e rigoroso anonimato. A súa participación resulta un piar fundamental para documentar a nosa realidade e continuar traballando na defensa dunhas condicións laborais dignas para os profesionais do sector.
Agradecemos de antemán o voso tempo.