AGAG nomea a Elena García e Celia Parra socias de honra e dá a benvida á nova coordinadora, Sara Varela
O traballo que facemos en AGAG non sería o mesmo sen o pedazo de labor que realiza coordinación. E como ben se di, de ben nacidas é ser agradecidas, así que hoxe queremos dedicar unhas verbas de cariño e recoñecemento a dúas persoas moi especiais: Elena e Celia, as nosas últimas coordinadoras.
Como xa contabamos na última newsletter, Elena deixa o seu posto en AGAG. Fíxoo sempre con implicación, dedicación e moita enerxía, así que só podemos desexarlle toda a sorte do mundo nesta nova etapa profesional. Sabemos que brilarás alí onde vaias!
Aínda que a actual directiva non tivo a sorte de compartir tempo con Celia, só escoitamos marabillas dela. E temos clarísimo que se AGAG segue medrando, pasiño a pasiño, é grazas ao traballo e o esforzo de todas as persoas que estiveron antes.
Por todo isto, temos o enorme pracer de nomear a Elena e Celia socias de honra de AGAG. Porque aínda que os camiños se separen, sempre formaredes parte desta casa.
E xa para rematar coas boas novas: dámoslle a benvida á nosa nova coordinadora, Sara Varela. Compañeira extraordinaria e todo terreo, estamos seguras de que estará á altura das súas predecesoras.
Recordade que podedes facer calquera consulta ou suxerencia escribindo ao mail de coordinacion@guionistas.gal