
Do guión á rodaxe. II Edición do curso de interpretación para guionistas, directores/as, actores e actrices.

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), en colaboración coa Fundación SGAE e CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización), organiza de novo o curso de interpretación “Do guión á rodaxe”, froito do éxito recollido na anterior edición.
Impartido por Fernando Tato, actor, director e guionista; o curso está dirixido a actores, actrices, guionistas e directores/as; buscándose atopar un espazo común de comunicación e traballo dende os tres puntos de vista.
Este terá lugar na Fundación SGAE de Santiago de Compostela os días 30 de setembro e 1 de outubro.
“Do guión á rodaxe” busca romper as barreiras entre cada departamento e que tódalas partes aprendan dos seus respectivos compañeiros e compañeiras.
Máis información na seguinte ligazón.