Así foi o I Encontro de Guionistas de AGAG
O pasado 11 de outubro xuntámonos en Santiago de Compostela máis de 35 guionistas socixs para celebrar un novo Encontro de AGAG.
Falouse moito e ben: as entidades de xestión DAMA e SGAE contaron o seu traballo a prol das e dos autores, a directiva de AGAG compartiu as novidades, actividades e retos que están por vir, e Ángel Manzano, vicepresidente da AGAG e presidente da FAGA, explicou a labor desta última, da que AGAG é membro; imprescindible para a representación a nivel estatal.
E como todo bo encontro necesita un toque de humor, Víctor Grande encargouse de poñer o punto divertido da xornada.
Un día completo de risas, aprendizaxes e reencontros entre compañeiras e compañeiros de profesión. Que necesarias son estas cousas!
Por suposto, tamén queremos aproveitar para dar as grazas a DAMA e Fundación SGAE por apoiar o evento, xa que sen elas non sería posible.