AGAG LANZA A CONVOCATORIA DO VI PREMIO DANIEL DOMÍNGUEZ DE GUION EN GALEGO PARA LONGAMETRAXE 2024-2025
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) abriu a convocatoria para o VI Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe 2024-2025. O guion gañador recibirá un premio de 2.000 euros . O prazo para presentar guións é do 5 de xullo ao 1 de novembro de 2024. O obxectivo do certame é fomentar o uso do galego no audiovisual, promover aos guionistas que escriben neste idioma e difundir o seu traballo.
Malia que a Fundación SGAE continúa a ser a colaboradora principal do premio, dende o 2022 tamén conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturáis, consolidando un premio de claro interés lingüístico e cultural.
Os finalistas anunciaranse o 6 de decembro e o gañador darase a coñecer o 13 de decembro de 2024, mediante un acto na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela e a través de medios de comunicación e as redes sociais de AGAG.
Na edición anterior, o guión gañador foi “Sinais” de Héctor Carré, mentres que os finalistas foron “Furtivo” de Uxía Diéguez Santiago e “As cores da alma” de Gumersindo Novoa Rodríguez.
Consulta as bases aquí