
Convocadas as Axudas a Talento de AGADIC

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 65, do 8 de abril de 2015, as bases das subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego para o ano 2015. Prazo de presentación: Do 9 de abril ao 8 de maio de 2015 Modalidades:
- MODALIDADE A: escrita individual de guión en galego. Subvencionaranse cinco proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas. A contía para cada un deles será de 5.000 euros.
- MODALIDADE B: realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega cunha duración inferior a 30 minutos. Concederanse cinco subvencións de 6.000 euros cada unha.
- MODALIDADE C: proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega, cunha duración igual ou superior aos 60 minutos e que conten cun realizador/a que non teña dirixido ou codirixido máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. Adxudicaranse tres subvencións de 30.000 euros.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.