Comunicado sobre os incumprimentos laborais denunciados na TVG
Despois das declaracións do presidente da Xunta sobre o despido improcedente e impagos a un guionista dun programa de Televisión de Galicia, afirmando que “seguro que non será o único caso”, vémonos na obriga de expresar a nosa preocupación polo que consideramos unha actitude de banalización e impasibilidade ante o incumprimento dos convenios.
Os convenios laborais son lei, e tal incumprimento é aínda máis grave cando falamos de programas para os medios públicos.
Como sindicato das e dos guionistas galegos, buscaremos as explicacións pertinentes das institucións responsables e os mecanismos adecuados para que este tipo de situacións deixen de producirse.