Comparativa do convenio audiovisual 2009 – 2025
O 11 de setembro publicouse no BOE unha actualización do IV Convenio Colectivo da Industria de Producción Audiovisual. FAGA (Federación de Asociaciones de Guionistas Audiovisuales), da que AGAG é membro, a través dos seus servizos xurídicos, realizou unha análise das modificacións máis destacadas entre o convenio de 2025 e o anterior, aprobado en 2009. A continuación preséntanse os principais cambios detectados:
ÁMBITO PERSOAL
2009
- Afecta aos traballadorxs con contratos laborais en empresas do sector.
- Menciona a comisión para guionistas/animación.
2024/2025
- Precisa a inclusión de guionistas por conta allea.
- Inclúe a vía de ámbito funcional para traballadores auxiliares.
Cambio clave: O actual aclara con máis claridade que ocorre cos figurantes e guionistas, reflectindo o debate sobre se o seu traballo debe considerarse autoría ou unha relación laboral.
ÁMBITO TEMPORAL
2009
- Válido ata o 31/12/2011 + prórroga desde 2012.
- Incrementos diferenciados para cine e televisión.
2024/2025
- Válido ata o 31/12/2024 + prorrogado en 2025.
- Incrementos de 2025: +2,2 % desde agosto.
Cambio clave: Maior flexibilidade e adaptación á inflación pospandemia.
COMPENSACIÓN E ABSORCIÓN
2009
- Permitia a compensación e absorción de complementos como quendas de noite, xornadas especiais e traballo en festivos.
- A empresa podería “compensar” os aumentos salariais reducindo ou absorbendo estas bonificacións.
2024/2025
- Prohibe a compensación das bonificacións mencionadas.
- Estas bonificacións non se poden reducir nin absorber para equilibrar o aumento nas táboas salariais.
Cambio clave: O novo acordo reforza a protección salarial dos empregados, garantindo que os aumentos salariais non se vexan compensados pola absorción doutros conceptos.
Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto co noso asesor legal, Ángel Manzano, escribindo un mail a coordinacion@guionistas.gal
Non deixes que a desinformación che roube dereitos.