AGAG cambia de casa: vémonos na Sala Materna!
Temos nova importante que contarvos: AGAG (Asociación Sindical Galega de Guionistas) muda de domicilio e pasa a ter a súa sede na Sala Materna, en Santiago de Compostela.
Onde está a Sala Materna?
A Sala Materna atópase nunha zona accesible e ben comunicada, moi preto da estación de tren e de bus. É un espazo cultural independente que leva tempo funcionando como punto de encontro para creadoras e creadores de diferentes disciplinas.
Que é e que se fai na Sala Materna?
A Sala Materna é moito máis ca un local: é un laboratorio cultural. Aquí teñen lugar actividades como:
- obradoiros e formacións artísticas
- proxeccións e presentacións no Teatro de Camiño
- espazo de coworking
Que significa isto para AGAG?
Así que xa sabedes: a partir de agora, aínda que non contemos cunha presenza permanente na Sala Materna, si desenvolveremos alí algunha das nosas actividades.