Beatriz Legeren, socia de AGAG, gañadora do Premio Mulleres no Foco 2025 xunto con Silvia Fuentes e Lucía Veiga
A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) felicita con orgullo á nosa socia Beatriz Legeren, recoñecida co Premio Mulleres no Foco 2025, xunto coa productora Silvia Fuentes e a actriz Lucía Veiga.
O galardón, promovido pola Deputación de Pontevedra xunto con CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais), distingue o labor e a traxectoria das profesionais que contribúen á visibilidade e ao avance das mulleres no sector audiovisual galego.
Beatriz Legeren é guionista e creadora de videoxogos, ademáis de docente, cunha ampla traxectoria no eido audiovisual e académico. O premio salienta o seu compromiso coa igualdade, a formación de novas xeracións de creadoras e o seu apoio a proxectos culturais en Galicia.
Cómpre lembrar que o pasado ano Lidia Fraga, tamén socia de AGAG, foi unha das galardoadas co Premio Mulleres no Foco 2024, o que axuda a visibilizar o talento das guionistas galegas que por desgraza están tan “fóra de foco”.
Desde AGAG celebramos este novo recoñecemento e felicitamos tamén a Silvia Fuentes e Lucía Veiga por compartir este importante galardón e o resto de nominadas.