“As malas compañías” de Manuel Darriba, único Gañador do I Teatroula
O I Teatroula, Concurso de Textos para Microteatro, organizado por LaTuerka27 e a Asociación Galega de Guionistas (AGAG) xa ten o seu gañador. O xurado formado por Carlos Ares, Lidia Fraga e Nicolás Campos resolveu otorgar un único premio, quedando desertos os outros tres premios. O único gañador é o texto titulado “As malas compañías” escrito por Manuel Darriba, que será representado desde o 8 de abril ata o 1 de maio, todos os mércores, xoves e venres, en LaTuerka27 (Rúa Doctor Fleming, 27, A Coruña).
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.