Anucio das titoras e titores da IV edición das Titorías AGAG para Mulleres Guionistas.
A Asociación Sindical Galega de Guionistas vén de facer públicos os nomes das e dos profesionais que titorizarán os proxectos seleccionados nesta IV Edición das Titorías AGAG para Mulleres Guionistas.
Na categoría de programas de televisión participarán Inés Colmeiro e Víctor Grande; na de longametraxe Sonia Méndez e Daniel D. García; e na de series Puri Seixido e Jacobo Díaz.
Tal e como se cita nas bases, no caso de non recibir proxectos nalgunha das categorías, poderanse ampliar os das categorías restantes ata chegar ao total de seis proxectos. Por esta razón, os nomes das persoas que titorizarán poderán variar con fin de ofrecer o mellor acompañamento posible a cada traballo.
O prazo de presentación de proxectos está aberto ata o 15 de setembro.
O anuncio das autoras seleccionadas farase público o día 28 setembro.