Ángela Andrada, nova presidenta de AGAG
Ángela Andrada é a nova presidenta da Asociación Sindical de Guionistas de Galicia, que renova a xunta directiva ata o 2025.
Celebrada a Asemblea anual o pasado 31 de marzo do 2023, resultou elixida a candidatura liderada por Ángela Andrada, convertíndose na primeira muller que preside AGAG dende a fundación da entidade hai vinte e seis anos.
A nova Xunta Directiva queda composta polas seguintes persoas:
– Presidenta: Ángela Andrada Gómez
– Vicepresidente: Ángel Manzano Garrido
– Tesoureiro: Carlos Ares Pérez
– Secretaria Xeral: Sara Varela Gondelle
– Vogal: Fernando Rodríguez Tato
– Vogal: Inés Colmeiro Villanueva
– Vogal: Enrique Lojo Vázquez
– Vogal: Nicolás Campos Ripoll
– Vogal: Marcos Nine Búa
– Vogal: Xosé Antón Perozo Porteiro