AGAG renova o convenio con DAMA para seguir ofrecendo asesoría xurídica gratuíta
A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) continúa a reforzar o seu apoio ás e aos profesionais do sector. Grazas ao convenio renovado con DAMA, calquera persoa socia poderá acceder a unha asesoría legal especializada e de calidade, totalmente gratuíta.
O servizo estará a cargo de Ángel Manzano, avogado e guionista, que atenderá as consultas sen limitacións e de maneira personalizada.
Que che pode ofrecer esta asesoría?
- Redacción e revisión de contratos de cesión de dereitos de propiedade intelectual.
- Orientación legal en materia de propiedade intelectual e ante posibles incumprimentos contractuais.
- Apoio en negociacións de contratos.
- Informes sobre as actuacións de AGAG diante das institucións culturais galegas.
- Descontos en servizos xurídicos vinculados a procedementos ante xulgados, tribunais ou arbitraxes.
Como podo facer unha consulta?
Moi sinxelo: só tes que escribir a coordinacion@guionista.gal. A túa consulta remitirase ao despacho de Ángel Manzano, que se poñerá en contacto contigo para resolver o caso de maneira gratuíta.
Quen é Ángel Manzano?
Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu como avogado durante 11 anos antes de dedicarse ao audiovisual. Especializado en materia civil e fiscal, leva anos implicado en defender os dereitos das e dos guionistas.
En AGAG foi un referente á hora de resolver dúbidas legais, e como presidente de FAGA participou en negociacións clave para o sector, como o III Convenio Colectivo Audiovisual ou o Estatuto do Artista.