AGAG organiza un curso de interpretación para actores, actrices, guionistas e directores/as.
Impartido por Fernando Tato, inaugura a oferta formativa de AGAG neste ano
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023. A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), organiza o curso de interpretación “Do guión á rodaxe”, dirixido a actores, actrices, guionistas e directores/as. Con esta actividade búscase atopar un espazo común de comunicación e traballo dende os tres puntos de vista.
Actores, actrices, guionistas e directores/as traballan na mesma maquinaria: a industria do cine, o teatro ou a televisión. E, a pesar de que son patas da mesma mesa, ás veces falan idiomas moi distintos. “Do guión á rodaxe” busca romper esa burbulla, e que cada departamento aprenda dos seus respectivos compañeiros e compañeiras.
O curso terá lugar os días 25 e 26 de febreiro no Siliria Dance Center de Santiago de Compostela. Impartido polo actor, director e guionista Fernando Tato, conta coa participación de Fundación AISGE e AAAG, e a colaboración de CREA, AGAPI e Fundación SGAE.
Máis información no teléfono 620563617 e no correo electrónico de AGAG: coordinación@guionistas.gal e neste enlace, onde podes atopar a información ampliada con horarios e tarifas.