AGAG e a Universidade de Vigo abren a inscrición para a microcredencial “Creación e escritura de series”
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) anuncia a súa participación como colaboradora na microcredencial “Creación e escritura de series”, un novo programa formativo da Universidade de Vigo que se desenvolverá entre o 21 de xaneiro e o 29 de abril de 2026.
O curso, de 6 ECTS (150 horas), terá lugar os mércores e xoves de 16:30 a 20:00 de forma presencial na Facultade de Comunicación de Pontevedra.
Entre os docentes figuran nomes como Alberto Guntín (“Néboa”, “Los Enviados” e directivo do Equipo de Contido de Netflix 20-22), Lidia Fraga (“Montecristo”, “Serramoura”), Beatriz Legerén (figura clave do guión de videoxogos en España) ou Ángel Manzano (asesor legal de AGAG e presidente de FAGA – Foro de Asociacións de Guionistas Audiovisuais).
Inscrición e matrícula
O curso está orientado a persoas maiores de 25 anos e non é preciso ter experiencia laboral ou reglada neste eido.
-
- Período de inscrición: 01/12/2025 – 07/01/2026
- Período de matrícula: 13/01/2026 – 18/01/2026
Accede a inscrición aquí
Prezos:
A microcredencial forma parte do Plan de Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias, subvencionado pola Xunta de Galicia, polo que as persoas de 25 a 64 anos poderán beneficiarse dunha financiación do 70%, aboando só o 30% do prezo correspondente.
-
- Público xeral: 564 € (precio final subvencionado: 169,2 €)
- Alumni UVigo: 507,60 € (precio final subvencionado: 152,28 €)
- Comunidade UVigo: 479,40 € (precio final subvencionado: 143,82 €)
As persoas en situación de desemprego ou con discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria.
Contidos e obxectivos
A formación aborda todas as fases de creación dun proxecto seriado:
-
- Idea e formato
- Creación de personaxes
- Estruturas narrativas e escaleta
- Mapa de tramas e análise formal
- Escritura de secuencias
- Elaboración da Biblia
- Aspectos legais (incluíndo uso de IA, dereitos e contratos)
- Pitching profesional
- Dinámicas de writters’ room e traballo colaborativo
O obxectivo principal é capacitar ao alumnado para crear, escribir e desenvolver ficción seriada, fomentando a creatividade, o traballo en equipo e o coñecemento da industria audiovisual nacional e internacional.
Acceso e selección
Para solicitar praza requírese:
-
- Documento de identificación
- Curriculum vitae
- Proba de guión (dialogar unha secuencia dunha serie escollida polo aspirante, máximo 2 páxinas)
- Carta de motivación (máx. 1 páxina)
Criterios de selección:
-
- CV: 25%
- Carta de motivación: 25%
- Proba de guión: 50%
Avaliación
-
- 60% proxecto final (Biblia da serie creada no curso)
- 20% participación en talleres
- 20% pitching final
Entrega do proxecto final: 22/04/2026 (virtual).
Organiza: Centro de Posgrado e Formación Permanente da Universidade de Vigo en colaboración con AGAG
As persoas socias interesadas poden solicitar asesoramento ou orientación a través de coordinacion@guionistas.gal.