Abre a convocatoria da VIII edición do Premio Daniel Domínguez de guión en galego
O prazo de admisión permanecerá aberto do 25 de xullo ao 15 de outubro de 2026.
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) abre a convocatoria da sétima edición do Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe 2026, unha iniciativa que busca recoñecer e impulsar a creación de guións cinematográficos de ficción escritos en lingua galega.
Nesta nova edición, o certame incorpora unha importante novidade na súa dotación económica. O guión gañador recibirá un premio de 2.000 euros, mentres que os guións finalistas serán recoñecidos cun premio de 500 euros cada un, reforzando así o apoio ao talento e á creación audiovisual en galego.
O obxectivo deste premio é potenciar o uso do galego no sector audiovisual, dar visibilidade ao traballo das autoras e autores que escriben nesta lingua e fomentar a creación de novas historias para o cinema galego.
A iniciativa conta coa colaboración da Fundación SGAE e co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Ambas entidades contribúen a consolidar este galardón como unha das principais referencias para o recoñecemento do guión cinematográfico en galego.
Na edición anterior, celebrada en 2025, o Premio Daniel Domínguez continuou a súa traxectoria como espazo de referencia para a promoción da escrita audiovisual en galego, contribuíndo ao desenvolvemento de novos proxectos cinematográficos e ao fortalecemento do tecido creativo do sector.