Aberto formulario para facilitar desprazamentos ao Encontro de Guionistas en Logroño
De cara ao Encontro de Guionistas, que terá lugar en Logroño do 28 ao 30 de maio, poñemos á disposición de persoas socias e non socias un formulario co obxectivo de facilitar a xestión dos desprazamentos.
Esta iniciativa busca mellorar a organización das viaxes, favorecer a coordinación entre asistentes e optimizar os recursos dispoñibles para acudir ao encontro.
Animamos a todas as persoas interesadas en participar a cubrir o formulario para poder planificar mellor os desprazamentos e facilitar posibles opcións compartidas.
👉 Podes acceder ao formulario aquí