Aberta a convocatoria das Axudas á Escritura de Guións do ICAA
O Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) vén de anunciar a convocatoria das Axudas á Escritura de Guións para o ano 2025. Trátase dunha oportunidade importante para creadoras e creadores que queiran desenvolver proxectos de longa duración, tanto de ficción como documentais.
Que ofrecen estas axudas?
- 30.000 € para proxectos de longametraxes de ficción.
- 20.000 € para proxectos documentais.
Quen pode solicitar?
- Persoas físicas maiores de idade con residencia legal en España.
- Resérvase un 45% das axudas para mulleres guionistas e un 25% para proxectos escritos en linguas cooficiais distintas do castelán.
Requisitos principais
- Só se pode presentar un proxecto por persoa, mesmo en caso de coautoría.
- Non poden terse cedido (nin se poderán ceder ata a xustificación da axuda) os dereitos de explotación do guión.
- A documentación debe entregarse na lingua elixida pola persoa solicitante, en Courier New 12, interlineado sinxelo.
- O material non pode incluír referencias á identidade da autoría, nin elementos visuais ou gráficos, nin un dossier de venda.
Prazo
A convocatoria estará aberta ata o 11 de agosto de 2025 ás 14:00 h.
Máis información
Para dúbidas, o ministerio habilitou o correo infoguiones.icaa@cultura.gob.es. Ademais, desde o FAGA, da que AGAG é membro, estase a preparar un documento de preguntas frecuentes a partir da sesión informativa online que se publicará proximamente.
Unha oportunidade para dar forma ás túas ideas e avanzar no desenvolvemento de novos guións!