AGAG celebra o 2º Encontro de Guionistas Socixs
O vindeiro 3 de outubro ás 18:30 horas, AGAG organiza a segunda edición do noso Encontro de Guionistas , unha cita pensada especialmente para as socias e socios da asociación que terá lugar no Riquela (Rúa do Preguntoiro, 35, Santiago de Compostela). Preme aquí para confirmar a túa asistencia.
Repetimos este evento coa vontade de crear un espazo para compartir, reflexionar e celebrar o noso oficio, poñer en común experiencias e inquietudes e coñecer de primeira man como está a evolucionar o sector audiovisual galego.
Será tamén unha oportunidade para facer networking, coñecer novos proxectos, intercambiar ideas e propostas para futuras actividades de AGAG e, sobre todo, para volver atoparnos e compartir un tempo fóra das pantallas.
A xornada incluirá tamén un pequeno picoteo, porque falar de guión e do sector non está rifado con desfrutar dun bo momento en compañía.
A organización corre a cargo de AGAG, coa colaboración de DAMA e Fundación SGAE.
📅 3 de outubro
🕡 18:30 horas
📍 Riquela — Rúa do Preguntoiro, 35, Santiago de Compostela
Marca a data e acompáñanos nesta segunda edición do Encontro de Guionistas Socixs!
Para calquera dúbida ou suxestión, podes escribirnos a coordinacion@guionistas.gal.