Xacio Baño
- Biografía
- Obra
- Contacta
Xacio Baño (Xove, Lugo) estuda cine na Universidade de León. Produce, escribe e dirixe varios filmes presentes en numerosos festivais nacionais e internacionais como os de Locarno, IFFR Rotterdam, Viennale, Clermont-Ferrand, Telluride Film Festival, Mar del Plata, New directors/ New Films, Festival de Las Palmas, Festival Málaga...
Participou na residencia artística de Ikusmira Berriak en Tabakalera de Donostia onde desenvolveu Trote, a súa primeira longametraxe producida por Frida Films. Ademais é coautor das obras teatrais: Amantis e Os actos e as profecías, ambas dirixidas por Tamara Canosa.
É membro da Academia do Cinema Europeo, da Academia do cine Español e da Academia Galega do Audiovisual.
Actualmente desenvolve o seu traballo na empresa cultural Rebordelos.
· Despois das cidades / After the cities (2026) – 86 min
· 68 metros / 68 meters (2026) – 19 min.
· Platónico, Platónica / Platonist (2024) – 9 min
· Non te vexo / No te veo / I can’t see you (2023) – 14 min
· Contra o inverno / Contra el invierno / Against the winter (2023) – 5 min
· Augas Abisais / Deep Waters (2020) – 25 min
· Trote / Trot (2018) – 86 min
· Eco / Echo (2015) – 20 min
· Ser e voltar / Ser y volver / To be and to come back (2014) – 13 min
· Anacos / Pedazos / Pieces (2012) – 6 min
· Estereoscopía / Stereoscopy (2011) – 12 min"