
Sonia Méndez
- Biografía
- Obra
- Contacta
Conta con máis de vinte anos de experiencia profesional en diferentes ámbitos relacionados co audiovisual: dirección, guión, actuación e produción. Tamén ten longa experiencia na xestión de equipos creativos e de traballo.
Dirixe, guioniza e produce as curtametraxes: Perversa Lola, Leo e Mario (déixanse), Café-Bar Santos Peluquería, Ei, Guapa para a longametraxe colectiva Visións da Deputación de Pontevedra, As Damas Negras e Conversa cunha muller morta. Estas últimas premiadas co premio Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe nos anos 2011 e 2012 entre múltiples premios e distincións. Crea, coguioniza e interpreta a serie web Angélica y Roberta, Mestre Mateo a Mellor Webserie no ano 2012. No ano 2019 dirixe e coguioniza a gala dos premios do audiovisual galego e as pezas promocionais de Viaxeiros Do Futuro para a CRTVG. Traballa como actriz en diversas series como Serramoura, Os Atlánticos ou Terras de Miranda para a CRTVG, Cuéntame para TVE ou El Vecino de Netflix e en longametraxes como Olvido e León e Rafael, ambas de Xavier Bermúdez, O Sexo dos Anxos de Xavier Villaverde ou Por min e por todos os meus compañeiros de Judas Diz. Tamén traballou como presentadora no programa Galicia de 20 a 20 de Voz Audiovisual para CRTVG.
Desde o ano 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de series web e contados dixitais do estado que este ano celebrará a súa novena edición.
No ano 2018 funda a produtora audiovisual Cósmica Producións xunto a Nati Juncal Portas. Xa con Cósmica dirixe e guioniza a serie Antes de Perder para Playz-RTVE que tamén foi premiada co Mestre Mateo a mellor serie web en 2020 e a longametraxe documental A Poeta Analfabeta sobre a poeta, feminista e activista galega Luz Fandiño, estreado no festival Cineuropa de Santiago de Compostela, premios CREA a Mellor Dirección na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).
Na actualidade está en plena postprodución da longametraxe de ficción As Neves.
ANTES DE PERDER. 2018. Road movie. 7 episodios.
EI, GUAPA! 2016.Curta incluída na obra colectiva Visións do proxecto Cinema e Muller promovido pola Deputación de Pontevedra. Drama.
CONVERSA CUNHA MULLER MORTA. 2012. Curta.
ANGÉLICA&ROBERTA. 2010-13 Serie dixital 2 temporadas // 18 episodios.
AS DAMAS NEGRAS. 2012 Curta. Drama.
LEO Y MARIO (SE DEJAN). 2010. Curtametraxe. Drama.
PERVERSA LOLA. 2008 Curtametraxe. Drama.
REEL https://vimeo.com/326063883