Silvia Cambón
- Biografía
- Obra
- Vídeos
- Contacta
Silvia Cambón (A Coruña, 1998) é guionista, directora e produtora galega. Estudou Realización e Comunicación Audiovisual, xunto con formacións noutras áreas, como a produción executiva, o control de custos e a coordinación de posprodución.
Traballou como editora de vídeo en Frameworks Films (Irlanda) e axudante de produción en Golden Girls (Viena). Tamén participou en diversas rodaxes en Galicia e traballou durante un ano como axudante de produción executiva en Acariño Films.
Interésalle explorar a sociedade e o mundo real a través da metáfora, a ironía, a sátira, o humor e a beleza. Desde unha perspectiva crítica, feminista e comprometida, tamén busca construír historias que conviden a familiares e amizades a reunirse, compartilas e gozar delas en compañía.
ROLLER COASTER (2020) | Curtametraxe de ficción · Drama · 14:49 min
Guión, dirección, produción e montaxe.
DOCUMENTAL DO TEATRO DO ANDAMIO (2022) | Curtametraxe documental · 40:42 min
Guión, dirección, produción e montaxe.
ENTRE AULAS (2024) | Curtametraxe de ficción · Drama · 6:03 min
Guión, dirección, produción e montaxe.
OUTROS TRABALLOS
NISHINARI-KU | Curtametraxe documental de Jules Herrmann
Produción.